CRTVG

Buscar

Detida tras tentar apuñalar un home e queimar unha vivenda na Coruña

Publicado o 27/03/2019 09:00
Detida tras tentar apuñalar un home e queimar unha vivenda na Coruña

Axentes da Policía Nacional detiveron este martes na Coruña unha muller de 48 anos por causarlle feridas cun coitelo de grandes dimensións a un home, presuntamente a súa parella sentimental, e por prenderlle lume a unha vivenda no barrio coruñés de Monte Alto.

Fontes policiais informaron de que a agresión ocorreu esta mesma tarde e, aínda que nun principio a situación non estaba clara, sosteñen que posiblemente ten que ver con cuestións de parella, xa que tres persoas están involucradas nos feitos, en que, tras unha forte discusión, a detida tratou de apuñalar un home.

Posteriormente, segundo o relato policial, declarouse un incendio na vivenda, situada na avenida de Hércules, que provocou que a outra persoa participante na lea saltase pola xanela asustada polo avance das lapas, o que lle provocou traumatismos. As dúas persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario, aínda que non se informou do alcance das lesións. A policía, con todo, apunta a que o apuñalamento é leve.

Noticias web

27/03/2019