CRTVG

Buscar

Detida por roubo unha das vítimas do pederasta de Friol

Publicado o 24/04/2019 17:31

Deteñen unha das vítimas do pederesta de Friol por roubar na casa do seu agresor.

Trátase dun dos amigos do fillo. A el e a un curmán atribúenselles tres roubos na casa deste veciño condenado por violar durante anos o seu fillo e dous amigos sendo menores.

Na casa reside o pai do pederasta, de 94 anos. Entraban de noite tras forzar a pechadura en busca dos cartos do ancián. Nun destes roubos, ao parecer, levaron uns mil euros, dos outros dous non transcendeu a contía.

Os dous detidos xa prestaron declaración no xulgado e quedaron en liberdade provisional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/04/2019