CRTVG

Buscar

Detida por conducir sen carné, sen seguro e coa ITV caducada no Saviñao

Publicado o 05/02/2019 17:45
Detida por conducir sen carné, sen seguro e coa ITV caducada no Saviñao

Axentes da Garda Civil interceptaron no municipio do Saviñao (Lugo) a unha muller que ía ao volante dun coche sen seguro e coa ITV caducada. Ao identificar a condutora, unha muller de 44 anos de idade e veciña de Escairón, os axentes comprobaron que, ademais, carecía de permiso de conducir, dado que o tiña retirado pola perda de todos os puntos. A Garda Civil impútalle en calidade de investigada un suposto delito contra a seguridade viaria. A persoa investigada xa foi posta a disposición da Xustiza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019