CRTVG

Buscar

Detida no Canadá unha executiva de Huawei

Publicado o 06/12/2018 08:48

A directora financeira da multinacional electrónica chinesa Huawei foi arrestada no Canadá pos suposta violación das sancións impostas por Washington contra Irán.

A detención produciuse a instancias das autoridades dos Estados Unidos que solicitaron a extradicción da muller que é filla do fundador da compañía.

Este venres celebrarase unha vista nun xulgado da cidade canadense de Vancouver para determinar se a detida queda en liberdade baixo fianza mentres se decide sobre a súa extradicción. 

A detida ocupa o posto de directora financeira desde 2011 e é vicepresidenta do consello de administración da compañía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018