Detida en Viveiro por ameazar a familia cun coitelo
Publicado o 21/02/2019 13:27
En Viveiro, unha muller foi detida por ameazar varios familiares cun coitelo. A muller está acusada dun delito de violencia doméstica. Xa pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade, pero cunha orde de afastamento da casa familiar de 50 metros.
Foi a propia nai da detida a que alertou a policía da conduta agresiva da súa filla. Ademais das ameazas, ao parecer houbo forcexos e empurróns. Como consecuencia da lea, algúns familiares tiveron que ser atendidos no centro de saúde por lesions, aínda que de carácter leve.