Detida en Ourense por conducir con dúas pinas sen pneumático
Publicado o 01/04/2019 20:37
A Policía Local de Ourense detivo unha muller de 44 anos por circular sen os pneumáticos esquerdos pola cidade. A muller é veciña da cidade e guiaba así o seu coche pola estrada cando a interceptaron os axentes. Deu positivo na proba de alcolemia. Os axentes da Policía interceptárona tras seren avisados por varios cidadáns e conseguiron dar con ela na confluencia das rúas Emilia Pardo Bazán e Bedoya. Comprobaron que as dúas pinas esquerdas non tiñan pneumático.