CRTVG

Buscar

Detida en Lugo unha muller por ameazar o seu ex-xefe por WhatsApp

Publicado o 18/09/2019 11:27
Detida en Lugo unha muller por ameazar o seu ex-xefe por WhatsApp

Axentes da Policía Nacional do Grupo IV da Brigada Provincial de Policía Xudicial detiveron en Lugo unha muller no marco das actuacións por delitos contra a ciberdelincuencia por ameazar a través de WhatsApp o seu ex-xefe con difundir información da empresa se non lle ingresaba 2.000 euros.

Segundo informou a Policía Nacional, despois de traballar nunha empresa da cidade, á finalización do período de proba foi rescindida a relación desta muller coa compañía. 

Uns días despois, mediante unha mensaxe de WhatsApp, a muller dirixiuse ao propietario e antigo xefe para pedirlle que lle ingresase nunha conta bancaria 2.000 euros ou chamaba "a todos os clientes da firma, dando datos e informacións prexudiciais da mesma", segundo relataron as mesmas fontes.   

O empresario extorsionado presentouse en dependencias policiais e o grupo de delitos informáticos da Policía Nacional iniciou a investigación, que culminou coa detención da muller que ameazaba o comerciante, feitos que foron trasladados ao xulgado de garda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí