CRTVG

Buscar

Detida en Italia a capitá do Sea Watch 3

Publicado o 29/06/2019 19:13

Detida no porto italiano de Lampedusa a capitá do buque Sea Watch 3, que levaba a bordo 42 inmigrantes rescatados en augas do Mediterráneo hai máis de dúas semanas. Malia que o goberno de Italia lle denegara o permiso de entrada nas súas augas territoriais, Carola Rackete, alemá de 31 anos, decidiu atracar en Lampedusa para desembarcar os inmigrantes. Saíulle ao paso unha patrulleira da policía de fronteiras coa que chegou a chocar.

Agora Rackete enfróntase a penas de ata 10 anos de cárcere polos delitos de resistencia e violencia contra un buque de guerra. O ministro do Interior italiano, Mateo Salvini, celebrou a súa detención e asegurou que os 42 inmigrantes serán repartidos entre cinco países da Unión Europea. Rackete estaba sendo xa investigada por favorecer a inmigración ilegal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019