CRTVG

Buscar

Detida despois de saltar dous semáforos, cuadriplicar a taxa de alcolemia e tentar agredir os axentes

Publicado o 18/11/2019 17:59
Detida despois de saltar dous semáforos, cuadriplicar a taxa de alcolemia e tentar agredir os axentes

A Policía Local de Vigo detivo unha muller de 42 anos despois de saltar dous semáforos en vermello mentres conducía cuadriplicando a taxa de alcoholemia permitida e tentar agredir os axentes.   

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando unha patrulla visualizou unha condutora saltando varios semáforos en vermello, o primeiro na confluencia da rúa Venezuela coa rúa Blein Budiño e o segundo na confluencia de Venezuela con Taboada Leal, segundo a policía.   

Despois de darlle o alto, comprobaron que presentaba "claros síntomas" de atoparse baixo os efectos do alcol, polo que lle realizaron unha proba, en que deu positivo, 0,92 miligramos de alcol por litro de aire expirado.   

A muller negouse en varias ocasións a realizar unha segunda proba. No transcurso das mesmas, a muller tentou agredir os axentes, polo que foi detida. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí