CRTVG

Buscar

Detida a parella da muller degolada en Alacante como presunto autor do delito

Publicado o 12/02/2019 17:15

O crime ocorreu nesta casa unifamiliar que a parella, xunto ao seu bebé de tres meses, compartía nas proximidades da localidade alacantina de Planes. O home chamou os servizos de emerxencia denunciando que atopara o cadáver degolado da súa parella na planta baixa da vivenda. No chan, xunto ao corpo, atopouse un coitelo.

Os resultados da autopsia descartaron a posibilidade dun suicidio, como se pensou nun principio, e os axentes detiveron a parella da vítima como suposto autor do crime.

Aínda conmocionados polo asasinato, os veciños concentráronse este mediodía ás portas do Concello para mostrar a súa repulsa e gardar un minuto de silencio en memoria da vítima.

O suposto asasino permanece detido e nas próximas horas será posto a disposición do xuíz encargado do caso.

Noticias web

12/02/2019