CRTVG

Buscar

Detido o director xeral de Deportes da Generalitat por presunta malversación

Publicado o 12/11/2019 09:44
Detido o director xeral de Deportes da Generalitat por presunta malversación

A Garda Civil detivo este martes catro persoas acusadas de malversación de Fondos na Secretaría Xeral de l'Esport e o seu órgano dependente, o Consell Català del Esport. Na operación policial, dirixida polo xuíz de Barcelona Joaquín Aguirre, quedaron detidos Gerard Figueras, director xeral de Deportes da Generalitat e tamén Maite Fandos, ex-concelleira do PDeCat no Concello de Barcelona e membro do Goberno da Xunta da Deputación.

Axentes da Policía Xudicial de Zona da Garda Civil de Catalunya están a realizar entradas e rexistros en instalacións públicas e domicilios particulares, no seo da operación Voloh, en busca de probas presuntas de irregularidades en partidas orzamentarias e subvencións e contratacións arbitrarias, como algunha destinada a publicidade en revistas de entidades soberanistas.

A investigación tamén se extende a un presunto delito de tráfico de influencias por colocar unha persoa de xeito irregular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí