CRTVG

Buscar

Detida a ex-camareira dunha cafetería de Nigrán por quedar con 20.000 euros

Publicado o 10/09/2019 12:06

Detida a ex-camareira dunha cafetaría de Nigrán por quedar con máis de 20.000 euros. A arrestada, de 41 anos e adicta ao xogo, cargou, supostamente, facturas falsas ao seu xefe por ese valor.

As investigacións realizadas pola Garda Civil de Baiona-Nigrán iniciáronse como consecuencia da denuncia que presentara a propia camareira polo roubo do seu vehículo, en que, segundo o seu relato, gardaba 3.400 euros da recadación da cafetería. Así pretendía xustificar os cartos que ela xa roubara.

As sospeitas sobre a veracidade da denuncia xurdiron dende o primeiro momento, xa que o coche apareceu tres días despois, a 500 metros do lugar onde supostamente fora subtraído e sen ningún sinal de violencia.

Noticias web

10/09/2019