Deteñen un home en Oleiros acusado de instalar un programa espía e facer unha transferencia de 15.000 euros
Publicado o 27/01/2021 14:26

Un detido por calote informático en Oleiros. Instalou un programa espía e fixo unha transferencia de 15.000 euros.
A Garda Civil detivo unha persoa por un delito de intrusión informática e outro de calote. O detido, mediante o uso dun programa maligno espía instalado no computador dunha empresa de Oleiros, conseguiu capturar os datos de acceso á banca en liña e executar unha transferencia de 15.000 euros a outra conta bancaria.
Coa rápida intervención dos empregados e dos investigadores conseguiuse bloquear a transferencia e identificar o autor a través do seu rastro dixital. Contaron co apoio da Garda Civil de Madrid, que detivo un súbdito brasileiro residente na capital.
Agora o caso lévao o Xulgado de Instrución nº 7 da Coruña.