CRTVG

Buscar

Deteñen en Vigo un home por vir de excursión desde Gondomar coas luces apagadas e atacar os axentes

Publicado o 30/04/2020 14:29

A Policía Local de Vigo detivo un home por facer unha excursión de Gondomar a Vigo coas luces apagadas e por atacar os axentes.

O arrestado, de 62 anos, circulaba polo centro da cidade acompañado por un amigo que ía no asento do copiloto. Saíron de Gondomar para viaxar ata Vigo, pero para evitar ser detectados non levaban postas as luces, o que chamou a atención da policía. Cando os axentes o pararon, o condutor saíu do coche e lanzoulle un puñazo a un deles. Finalmente foi detido por atentado á autoridade e por incumprir o confinamento.

Noticias web

30/04/2020