CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes pola desaparición dunha muller en Cornellà de Llobregat

Publicado o 07/05/2019 20:32
Deteñen dous homes pola desaparición dunha muller en Cornellà de Llobregat

Dous detidos pola súa presunta relación coa desaparición dunha muller, hai case dous meses, en Cornellà, na provincia de Barcelona. Os Mossos d'Esquadra rexistraron a vivenda dun dos detidos, tamén de Cornellà, na procura de pistas sobre o paradoiro da muller desaparecida. O arrestado é coñecido da desaparecida, pero parece que non matiña ningunha relación sentimental estable con ela. Ademais, hai un segundo detido.

A muller desapareceu o 13 de marzo cando ía facer unhas xestións a Facenda. O seu coche apareceu cinco despois preto de alí, aparentemente, sen sinais de criminalidade.

Noticias web

07/05/2019