CRTVG

Buscar

Deteñen uns ladróns na Coruña grazas á colaboración veciñal

Publicado o 14/02/2020 13:36

A policía prendeu os dous presuntos autores dun roubo nunha tenda de cosmética do barrio coruñés da Gaiteira. O asalto foi o xoves de madrugada, con tanto estrondo que os veciños espertaron e trataron de escorrentar os delincuentes. A dona do negocio non ten máis que palabras de agradecemento para os que chamaron a policía e plantáronlle cara os ladróns. 

Ariana Fernández, dona da tenda: "Miraron arriba desafiantes e os veciños dixéronlles que ían chamar a policía. De feito, non os colleron na allada, pero si provocaron a fuxida. E eu agradézoo. A colaboración cidadá é fundamental, e veño agora da comisaría de Lonzas e creo que os pillaron. Hai bastantes indicios, deixaron pegadas". 

Ariana adoitaba deixar uns poucos cartos na caixa para o cambio. É unha tenda de cosmética ámedida da clientela e, por iso, a maior parte dos pagos adoitan facerse con tarxeta. Os ladróns levaron un botín cativo. O valor dos estragos que causaron foi moito maior. 

Ariana Fernández, dona da tenda: "Realmente o que levaron non creo que chegue a 200 euros. Con todo, o dano material do ordenador, todo o que tiraron, a caixa que levaron, son uns 2.000 euros, e mais o cristal, máis o arco de aluminio da porta que romperon a patadas. Tamén tivo que vir o do aluminio. Estamos preto dos 3.000 ou 4.000 euros para levar pouco máis de cen euros".

Espera que o roubo na súa tenda sexa o último para unha boa tempada.

Noticias web

14/02/2020