Pasa a disposición xudicial a veciña de Meira detida por agredir a súa nai
Xa pasou a disposición xudicial a muller de Meira, de 58 anos, á que a Garda Civil detivo por agredir presuntamente a súa nai duns 90 anos, que tivo que ser hospitalizada. Segundo fontes da investigación, sobre a detida pesan máis dun cento de dilixencias, con antecedetes por varios delitos.
Segundo o parte oficial, a agredida, nonaxenaria, e con problema graves de mobilidade, presentaba "erosións" en cóbados, xeonllos e nocellos, rotura do dedo maimiño e traumatismo craneoencefálico. Segundo fontes da investigación, pediu ela mesma auxilio, na madrugada do martes, dende a súa casa, no barrio da Pena de Meira, en Lugo, asegurando que a tiraran polas escaleiras. A Garda Civil detivo á filla, de 58 anos, que xa pasou este mércores a disposición xudicial en Lugo, por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar.
Segundo a Subdelegación do Goberno en Lugo, a detida ten outras denuncias previas; máis dun cento de dilixencias, segundo fontes da investigación, con antecedentes por ameazas, contra o patrimonio e delitos contra a honra e inxurias. Os veciños din vivir con medo porque afirman que a detida é conflitiva.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí