CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Deteñen unha nai biolóxica e un home a quen ía darlle o seu bebé en Santiago

Publicado o 14/09/2018 14:59
A Policía Nacional detivo en Santiago un home e unha muller procedente de Honduras como presuntos autores dun delito de alteración da paternidade dun bebé. A investigación iniciouse a finais do mes de agosto despois de que a muller se arrepentira ao dar a luz e confesara no hospital os feitos. O caso lévao o xulgado de instrucción número dous de Santiago. En total hai implicados nesta operación segundo a Policía. Dous detidos; a nai biolóxica o home que se quería facer pasar polo pai do bebé e un familiar del, co tamén convivíu a muller na cidade compostelá mentres estivo embarazada. Ese familiar tamén está investigado. De momento o xulgado acordou o acollemento familiar temporal do menor por parte da Xunta. A Policía Nacional cre que puido haber algún tipo de pagamento e continúa as pescudas. En decembro de 2017 a nai biolóxica chegou a España embarazada de catro meses procedente de Honduras. "Dada a súa situación persoal e laboral, e tras considerar que non podía facerse cargo do bebé, decidiu dalo en adopción. Buscou en Internet e puxo un anuncio. Unha parella contactou con ela para adoptar o bebé e convencérona para que fora vivir con eles ata o momento do parto." Xa no mes de xullo, a nai biolóxica residía na cidade de Santiago de Compostela xunto co home que ía adoptar o neonato e un familiar del. "Deu a luz en agosto e o detido que a acompañaba cubriu os papeis do hospital cos datos do acabado de nacer, facendo constar os apelidos dos dous. Cando o ían inscribir no Rexistro civil, a muller arrepentiuse e confesouno todo." Polo momento acordouse o acollemento familiar temporal do menor por parte da Xunta. A investigación continúa aberta e non se ten constancia da existencia da muller que supostamente sería a nai adoptiva do menor. O familiar do home declarou en calidade de investigado pero non foi detido.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí