CRTVG

Buscar

Deteñen unha muller por estafar unha empresa de Arteixo cunha factura falsa

Publicado o 27/07/2021 15:15
Deteñen unha muller por estafar unha empresa de Arteixo cunha factura falsa

Unha denuncia presentada en Arteixo puxo a Garda Civil da Coruña trala pista dunha veciña de Madrid por presunta estafa telemática. O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña, en colaboración coa Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil de Madrid, investigou unha veciña da capital como presunta autora dun delito de estafa por máis de 47.000 euros.

A denuncia foi presentada pola vítima na localidade coruñesa de Arteixo. Os investigadores corroboraron a existencia do feito ilícito e detectaron a manipulación do ordenador da denunciante para acceder aos seus datos e subtraer os cartos.

A investigada e os 8.900 euros recuperados foron postos a disposición do xulgado de instrución de Garda da Coruña.







 

Noticias web

27/07/2021