CRTVG

Buscar

Deteñen unha muller en Vigo acusada de agredir a súa parella cun coitelo

Publicado o 15/06/2021 13:21
Deteñen unha muller en Vigo acusada de agredir a súa parella cun coitelo

En Vigo, a Policía Local detivo unha muller como suposta autora dun delito de violencia no ámbito familiar. Sucedeu entre a avenida da Florida e a rúa Eugenio Kraff, onde os axentes atoparon un home cunha ferida sanguente na man. Segundo manifestou, fora agredido cun coitelo pola súa parella despois dunha discusión no domicilio familiar.

A muller recoñeceu que tiveran unha discusión, pero dixo que o home se autolesionara. A suposta autora dos feitos, de 73 anos, foi detida e o seu home, de 81, trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

15/06/2021