CRTVG

Buscar

Deteñen unha muller en Málaga pola morte do fillo

Publicado o 24/11/2020 14:20

A policía de Málaga non descarta realizar novos arrestos despois de deter unha muller como presunta autora da morte do seu fillo de 18 meses.

Foi a nai, de 22 anos, a que levou o meniño ao hospital dicindo que se atopaba mal, pero o bebé xa ingresara morto.

Os médicos que o atenderon comprobaron que presentaba diferentes lesións posiblemente causadas por malos tratos, polo que alertaron a policía.

A autopsia aclarará a causa da morte do pequecho.

Noticias web

24/11/2020