CRTVG

Buscar

Deteñen unha muller de 60 anos en Vigo como presunta autora dun delito de tráfico de drogas

Publicado o 02/07/2020 13:31
Deteñen unha muller de 60 anos en Vigo como presunta autora dun delito de tráfico de drogas

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron unha veciña de 60 anos de idade, como presunta autora dun delito de tráfico de drogas. Interviñéronlle máis de 30 doses de cocaína e heroína. A investigación púxose en marcha despois de que os veciños denunciaran a presenza de compradores de droga nos arredores da rúa Coruña e a Praza Eugenio Fadrique, segundo apuntan fontes policiais.

A través dun dispositivo de vixilancia, puideron comprobar que unha muller se reunía cos compradores para distribuír os estupefacientes e que ao parecer adoptando empregaba medidas para sortear a acción da policía. 

A muller foi detida xustamente cando realizaba unha desas vendas, xa que ao cacheala, os axentes deron con máis de 30 papelinas de cocaína e heroína, e diñeiro en efectivo. A muller foi detida e trasladada a Comisaría, onde se confirmou que carecía de antecedentes policiais.