CRTVG

Buscar

Deteñen unha moza en Xove por suposta tenza ilegal de armas

Publicado o 24/04/2020 16:24

Hai quen segue saltando as normas. A Garda Civil detivo en Xove unha moza de 26 anos como suposta autora dun delito de tenza ilícita de armas.

No transcurso dunha discusión con outra muller na vila mariñá, os axentes observaron que estaba en posesión dunha pistola co número de serie borrado.

Ademais, a detida tiña a obriga expresa de permanecer no seu domicilio en Burela, dado que se encontraba en confinamento médico por convivir cun caso positivo de coronavirus. A muller xa foi posta a disposición xudicial.

Noticias web

24/04/2020