CRTVG

Buscar

Deteñen unha loteira de Cidade Real por intentar quedar cun boleto premiado da bonoloto

Publicado o 01/11/2019 08:16

A vítima foi comprobar tres apostas. A máquina marcou o premio, pero a muller díxolle que era un erro. "Inmediatamente a xerente dixo que era un erro. E para convencer a súa vítima de que era un erro, introduciu outro boleto non premiado que despois rompeu", explica a policía. O billete estaba premiado con 16.412 euros.

O cliente dispoñía dunha fotografía do boleto e comprobou a aposta, dándose conta de que si lle correspondía un premio, polo que denunciou os feitos ante a Policía Nacional. A investigación permitiu descubrir que o premio fora cobrado pola vendedora de lotería días despois, polo que foi detida acusada dos delitos de calote e branqueo de capitais. Os axentes de Cidade Real, especializados en Delitos Tecnolóxicos, continúan coas pescudas para saber se a administradora de lotería cobrou máis premios que puidesen ser resultado do engano a outros clientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019