CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño do Corgo por agredir e ameazar o irmán cunha pistola

Publicado o 04/02/2020 13:28

Deteñen un veciño do Corgo, en Lugo, por ameazar de morte cunha pistola o seu irmán. Antes deste incidente, ao parecer, o detido tamén agrediu a vítima. Ao parecer, a lea produciuse no transcurso dunha discusión entre os dous irmáns, que ademais comparten o mesmo domicilio.

Cando a Garda Civil rexistrou a casa, incautouse dun revólver e dunha escopeta. As dúas armas estaban sen legalizar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020