Deteñen un veciño de Monforte por posesión de pornografía infantil
Publicado o 18/12/2019 10:50
Deteñen en Monforte a un veciño con 1.500 arquivos de contido pedófilo. Os axentes revisan o seu ordenador para determinar se só os almacenaba ou intercambiaba eses documentos gráficos. Tamén investigan como conseguía as imaxes e vídeos, se o facía a través dos programas de intercambio de arquivos que hai en Internet que permiten a descarga anónima.
As penas por posesión por pornografía infantil están penadas con ata tres anos de prisión.