CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño de Quintela de Leirado acusado de caza furtiva

Publicado o 06/02/2020 14:44

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de Lobios tomoulle declaración a un veciño do concello de Quintela de Leirado como presunto autor dun delito contra a flora e a fauna.

Os feitos que se investigan son a aparición de lazos para a caza furtiva entre as localidades de Fondóns e Santa María de Leirado. Os axentes atoparon tamén na zona restos de animais mortos.

As investigacións conduciron os axentes a este home de 67 anos veciño de Santa María de Cabanelas.

Noticias web

06/02/2020