CRTVG

Buscar

Deteñen un segundo implicado nun acoitelamento no barrio coruñés do Orzán

Publicado o 31/10/2019 14:31

Na Coruña, a Policía Nacional prendeu outro home implicado no acoitelamento do barrio do Orzán na madrugada deste luns. Foi grazas a que unha das persoas que presenciou os feitos lles entregou aos axentes un DNI que atopou no chan. As vítimas, un acoitelado nas costas e outros dous con cortes, recoñeceron o dono do documento como o autor da agresión.

Inmediatamente iniciaron unha busca que permitiu a súa localización. O propio sospeitoso, ao ver os policías dirixiuse a eles e amosoulles un coitelo que levaba, recoñecendo que participara nunha pelexa intres antes. Os policías comprobaron que era a mesma persoa identificada polas vítimas e procederon á súa detención.

Pouco despois, cando puideron tomarlle declaración á vítima máis gravemente ferida, recoñeceu como autor das súas lesións outro dos membros do grupo que acompañaba o home inicialmente detido, así que se procedeu á súa localización e detención.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019