CRTVG

Buscar

Deteñen un Policía Nacional en Olot polo asasinato da súa parella no domicilio da vítima

Publicado o 20/04/2019 16:31

Os Mossos d'Esquadra detiveron un axente da Policía Nacional de 38 anos polo asasinato da súa parella no domicilio da vítima, na localidade xerundense de Olot.

A filla da muller foi a que atopou o cadáver da súa nai ao chegar á casa e deu aviso aos servizos de emerxencias a primeira hora desta mañá. Varias dotacións policiais desprazáronse ao lugar dos feitos e detiveron o presunto asasino que seguía no interior da vivenda despois de intentar suicidarse. A falecida tiña dous fillos dun matrimonio anterior. Segundo as súas amigas, iniciara a relación con este axente da Policía había unhas semanas.

 

Noticias web

20/04/2019