CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo en Lugo acusado dunha agresión sexual nun garaxe da cidade

Publicado o 18/11/2019 12:55

A Policía Nacional investiga un presunto caso de agresión sexual. Un mozo de 18 anos foi detido por estes feitos e a xuíza de garda decretou o seu ingreso en prisión.

A presunta agresión tivo lugar de madrugada. Ao parecer, a parella coñeceuse esa noite e, tras pasar varias horas xunto a outros amigos nos locais de copas, volveron á casa xuntos. Segundo a denuncia, nun momento do camiño de volta tivo lugar a presunta agresión, na entrada dun garaxe da cidade.

"Presenta denuncia polos feitos que lle ocorreran na noite do xoves, que saíra de troula cunha amiga e coñeceran dous rapaces. Segundo manifesta, mantivo relacións sexuais cun deles. Aínda que non houbo violencia, si se constata que ela iba en estado de embriaguez, polo que se considera que o consentimento non é valido e, polo tanto, cometese un delito de agresión sexual", di Manuel Arias, voceiro Policia Nacional.

O mozo, na súa declaración ante a xuíza, manifestou que as relacións foran consentidas e que nun momento dado, cando a moza lle pediu que parase, el así o fixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019