Deteñen un mozo de Carballo dúas veces en 48 horas por violencia machista
Publicado o 21/07/2021 14:48

Detido por malos tratos dúas veces en apenas 48 horas un mozo de Carballo de pouco máis de 20 anos. Primeiro agrediu a súa parella, de idade similar, en Fisterra. A moza fora ata ese concello a pasar o día na praia e decidiu quedar pasar a noite.
De madrugada presentouse alí o rapaz e comezou a golpeala. Tras a denuncia presentada pola vítima ante a Garda Civil, ao presunto agresor impúxoselle unha orde de afastamento e a prohibición de se comunicar coa rapaza, cousa que non tardou en incumprir.
Por este motivo foi detido e levado ao xulgado por segunda vez. Mentres non se celebre o xuízo, deberá levar unha pulseira que indique por GPS a súa posición.