Deteñen un mozo de 21 anos acusado de causar un accidente de tráfico en Covelo
Publicado o 30/07/2020 22:48

O sinistro ocorreu o 21 de xullo. Nel morreu unha muller e quedaron feridas outras seis persoas.
Ao arrestado acúsano dos delitos de homicidio por imprudencia, lesións e contra a seguridade viaria. Agora enfróntase a catro anos de cárcere. Ao parecer participaba nun pique con outros dous condutores que tamén están investigados.
Segundo a Garda Civil, levaban os coches de forma temeraria, a moita velocidade e adiantando en lugares prohibidos. Ata que un deles chocou de fronte cun vehículo en que viaxaba a vítima mortal.