CRTVG

Buscar

Deteñen un home tras matar o seu cuñado cunha barra de ferro en Granada

Publicado o 16/05/2018 15:17

Un mozo de 25 anos foi detido tras supostamente matar o seu cuñado durante unha rifa nunha vila de Granada.

A vítima morreu dos golpes recibidos no peito cunha barra de ferro. O presunto autor do crime dirixíase ao cuartel da Garda Civil a entregarse, cando o atopou unha patrulla e o detivo. O suposto homicida vivía no garaxe da casa da vítima que o denunciou varias veces polos problemas que lle causaba. <Para evitar altercados cos familiares do falecido, os axentes trasladárono á Comandancia de Granada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018