CRTVG

Buscar

Deteñen un home por picar rodas de coches en Ribadeo que, supostamente, actuaba por celos

Publicado o 05/11/2020 14:46
Deteñen un home por picar rodas de coches en Ribadeo que, supostamente, actuaba por celos

Hai un par de días a historia do que semellaba ser un acto vandálico en Ribadeo, onde unha ducia de coches apareceron coas rodas picadas, deu un xiro. 

Pois ben, ao parecer, non se trataba dun acto vandálico, senón dun problema de celos. A Garda Civil investiga un home de 36 anos que picou as rodas do coche da súa exmoza e as do vehículo da actual parella dela. Para despistar, decidiu picar despois as rodas doutros vehículos. O detido pasou xa a disposición xudicial.

Noticias web

05/11/2020