CRTVG

Buscar

Deteñen un home por golpear a súa parella nun bar de Vigo

Publicado o 12/09/2021 18:40
Deteñen un home por golpear a súa parella nun bar de Vigo

Nas vindeiras horas pasará a disposición xudicial un home de 52 anos que foi arrestado o domingo de madrugada por agredir presuntamente a súa parella. Farao no Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo porque os axentes da Policía Local que o detiveron atribúenlle un delito de violencia machista.

Os feitos ocorreron nunha terraza dun local da praza da Miñoca. Á unha da mañá varias testemuñas viron como o detido batía nunha muller de 49 anos. Ela foi atendida por persoal sanitario tras detectaren os axentes que tiña feridas na cara.

Noticias web

12/09/2021