CRTVG

Buscar

Deteñen un home por ameazar de morte a súa ex-parella en Vigo

Publicado o 12/02/2020 13:35

Detido un vigués de 42 anos por ameazar de morte a súa ex-parella en plena rúa, no interior dun coche. O home saltou a orde de afastamento da muller. Sobre el pesaba, ademais, unha orde de busca e captura.

A Policía Local foi alertada polos veciños da zona, que viron como se producía unha forte discusión entre o detido e a vítima no interior do vehículo, na rúa Pizarro. Cando viu os axentes, o home intentou fuxir. Pouco despois foi arrestado no interior dun garaxe.

Está acusado dun delito de violencia machista e quebrantamento de condena.

Noticias web

12/02/2020