Deteñen un home por abandonar 5 cans na vivenda en que residiu en Negreira
En Negreira, a Garda Civil detivo un veciño da parroquia de Porqueira por un presunto delito de maltrato animal. Está detido por deixar en estado de abandono durante meses 5 cans no interior desta vivenda. A investigación xurdiu a raíz da denuncia dun veciño deste lugar, que puxo en coñecemento da Garda Civil que escoitaba ladrar os animais, pero que había tempo que non vía os residentes na vivenda.
Cando os axentes do Seprona se presentaron no inmoble, observaron a través das fiestras 4 cans vivos en condicións hixiénicas deplorables. Tras conseguir a orde xudicial, procederon a entrar na vivenda, onde atoparon outro can xa morto. Os animais foron trasladados á canceira municipal de Negreira.
A Garda civil abriu dilixencias contra o inquilino da casa por un delito de abandono de animais.
"Estes rapaces eran unha parella, hai tempo que estaban aí. El cambiou de parella e desde que cambiou empezou a verse todo por fóra unha verdadeira entulleira. Despois marcharon e os veciños sentiamos ladrar os cans moito. A propietaria vixiou e viu que non había ninguén e tomou medidas", di unha veciña.