Deteñen un home poñendo trampas para cazar xabarís
Publicado o 19/03/2021 13:17

A Garda Civil colleu colocando trampas de aceiro para xabaríns a un ponteareán de 60 anos. Os axentes actuaron tralo aviso da aparición de lazos atados á árbore e ademais de detectar ao investigado atoparon o cadáver dun xabato duns quince quilos de peso ao que se lle fará a necropsia e posteriormente destruiráse no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe da Xunta de Galicia. O home está acusado dun delito contra a proteción da fauna.