CRTVG

Buscar

Deteñen un home na Coruña por unha tentativa de homicicido

Publicado o 09/09/2021 10:55

A Policía Local da Coruña detivo un home por un presunto intento de homicidio. Os feitos ocorrerron o pasado día 8. Os axentes acudiron ata un domicilio da Avenida da Pasaxe sobre as 04:00 logo de recibir unha chamada dunha persoa que pedía auxilio. Tras chegaren ata o lugar, abriu a porta un home con puñadas e contusións por varias partes do corpo que estaba ensanguentado. Segundo manifestou a policía, o home caeu ao chan inconsciente e foi trasladado ata o CHUAC.

No interior da vivenda atoparon ao presunto autor dos feitos. Foi pouco colaborador cos axentes, amosouse desafiante e manifestou que tivera que defenderse para que non lle roubara 50 euros. A policía comisou dous coitelos de 21 e 11 centímetros de folla, e o detido foi posto a disposición xudicial.


Noticias web

09/09/2021