CRTVG

Buscar

Deteñen un home na Coruña por un suposto delito de violencia de xénero

Publicado o 07/01/2020 14:44

Na Coruña, esta mañá pasou a disposición xudicial o home que a Policía Nacional prendeu este domingo, véspera de Reis, por un suposto delito de violencia de xénero.

A detención produciuse no terceiro andar dun inmoble da céntrica rúa Real da Coruña durante un amplo despregamento policial. Unha ducia de axentes da Policía Nacional tiveron que intervir para deter o home, que estaba armado cun coitelo.

Despois de discutir cunha muller, o home pechouse nun cuarto e chegou a autolesionarse. Finalmente, acabou por entregarse, despois do uso de gases lacrimóxenos. Foi atendido por persoal sanitario, xa que presentaba un cadro de excitación e nervios.

Noticias web

07/01/2020