CRTVG

Buscar

Deteñen un home na Coruña por presunta agresión machista que un veciño gravou e denunciou á policía

Publicado o 10/03/2020 14:40

Na Coruña, grazas á colaboración cidadá, as forzas de seguridade conseguiron deter o presunto autor dun delito de violencia machista, un home de 51 anos e de nacionalidade portuguesa que presuntamente golpeou a súa parella no transcurso dunha discusión, no domicilio que ambos os dous compartían.

A detención foi posible grazas a un veciño, dun edificio próximo na zona da Agra do Orzán, que dende a súa fiestra gravou co seu teléfonono móbil os golpes que o home lle estaba a dar á muller, na cara e no pescozo, e logo avisou a policía.

Cando chegaron os axentes, o home xa fuxira. A muller recoñeceu que era a súa parella sentimental, e que non era a primeira vez que se rexistraban episodios similares. Foi trasladada a un centro sanitario, mentres varias patrullas localizaron o presunto agresor, que xa foi detido.

Noticias web

10/03/2020