Deteñen un home media hora despois de atracar unha gasolineira na Estrada
Publicado o 27/11/2020 13:35
Detido na Estrada o home que, presuntamente, atracou unha gasolineira este xoves.
Efectivos da Garda Civil collérono na zona urbana da Estrada media hora despois de que irrompera armado nunha estación de servizo próxima.
O atracador, un estradense de máis de sesenta anos de idade, coa cara cuberta e ameazando o empregado cunha pistola manipulada, logrou que lle dera cartos e fuxiu nun coche cara ao centro.
Hoxe foi posto a disposición xudicial. Segundo a Garda Civil, o home non tiña antecedentes delituosos e canda el tiña o botín e a arma.