CRTVG

Buscar

Deteñen un home lituano de 43 anos acusado de varios roubos e de saltar o confinamento 17 veces

Publicado o 22/04/2020 14:27

En Pontevedra, a Policía Nacional detivo un cidadán lituano, de 43 anos, acusado de varios roubos e de saltar o confinamento nada menos que 17 veces.

O home foi arrestado cando fuxía tras asaltar un establecemento da rúa Eduardo Pondal, de onde levou a caixa das moedas dunha das máquinas. Tamén fora identificado por roubar nun supermercado, nunha farmacia, e por asaltar e agredir unha muller na rúa. Tras pasar a disposición xudicial, foi trasladado ao cárcere da Lama.

Noticias web

22/04/2020