CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo que almacenaba droga na casa durante o confinamento

Publicado o 08/04/2020 16:40

O arrestado é un mozo de 24 anos que tiña cocaína e éxtase nunha vivenda de Tomás Alonso. Dende ela operaba nunha zona onde hai varios centros educativos. Este punto negro estaba a ser investigado dende hai meses.

No rexistro do domicilio, os axentes incautáronse de cocaína que no mercado podería equivaler a 250 doses, e éxtase que acadaría un valor de máis de 1.000 euros.

O detido conta con antecedentes por delitos similares e xa pasou a disposición xudicial nos xulgados vigueses.

Noticias web

08/04/2020