CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo por intentar asfixiar a súa parella e ameazar o fillo con degolalo

Publicado o 10/01/2019 14:28

Esta noite, un home de 46 anos de idade foi detido en Vigo por agredir, presuntamente, a súa parella dentro do domicilio familiar. Os feitos aconteceron ás tres desta mañá no interior dun piso desta rúa Conde de Torrecedeira. Foi unha veciña a que alertou os axentes tras escoitar berros de auxilio da muller que estaba sendo agredida fisicamente.

A vítima, que tivo que ser atendida no seu domicilio por persoal sanitario, denunciou os feitos e mesmo relatou que non só fora agredida fisicamente, senón que a súa parella a ameazou con matar o seu fillo de sete anos, dunha relación anterior, se chamaba a policía. A muller xa puxera unha denuncia anterior, pero fora retirada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019