CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo por ameazar cun revólver un grupo de persoas

Publicado o 15/06/2021 13:46
Deteñen un home en Vigo por ameazar cun revólver un grupo de persoas

A Policía Nacional detivo un home de 34 anos por ameazar cun revólver un grupo de persoas no local dunha asociación de veciños de Vigo. Segundo as testemuñas, o mozo tiña prohibido entrar no establecemento porque xa noutra ocasión ameazara os presentes cunha barra de ferro. Os veciños conseguiron quitarlle a arma, e daquela fuxiu. Foi detido pouco despois. O revólver estaba listo para disparar, segundo confirmaron os axentes.

Noticias web

15/06/2021