CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo por agredir a parella cando bebían na rúa

Publicado o 06/04/2020 15:33

Detido en Vigo un home de 44 anos por agredir a súa parella na rúa, a onde saíran tomar unha cervexas a pesar da obriga de confinamento.

Os axentes localizáronos discutindo no barrio do Calvario. Cando se decataron da presenza policial, fuxiron en distintas direccións, pero finalmente foron interceptados. A muller, que tiña un ollo morado, declarou que o home a agredira tras unha forte discusión mentres bebían alcol na rúa.

Noticias web

06/04/2020