CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo acusado de abusar da súa ex-parella dúas veces no mesmo día

Publicado o 23/09/2019 16:29

Arrestado en Vigo un home por agredir dúas veces nun mesmo día a súa ex-parella. Na primeira ocasión foron os veciños da muller os que alertaron as forzas de seguridade de que estaba a ser agredida no seu domicilio. Cando os axentes chegaron ao piso, o home fuxira do lugar. A vítima manifestou que a súa ex-parella fora á casa e a agredira a ela e ao fillo que teñen en común.

Pola tarde, a Policía Local recibiu unha chamada relacionada co mesmo home. Unha viandante aseguraba que estaba gritando e insultando unha muller na avenida de Castelao. O individuo volveu fuxir, pero pouco despois localizárono nas inmediacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019