CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Pontevedra por mallar na súa muller e no seu pai

Publicado o 27/12/2019 13:30

Un home de 28 anos foi detido o día da Nadal en Pontevedra pola Policía Local por agredir a súa parella e o seu pai, que tiveron que ser atendidos no hospital de Montecelo.

A agresión produciuse cando o pai trataba de mediar para que o seu fillo non batese na muller. A filla da parella presenciou parte da liorta.

O agresor, que non reside habitualmente en Pontevedra, pasaba o Nadal coa súa muller e á súa filla na casa de seu pai na parroquia pontevedresa de Mourente.

Contra ás cinco da mañá o pai intentou mediar dunha discusión de parella e o fillo acabou batendo nos dous diante da filla de poucos anos.

A parella do suposto agresor e o pai foron trasladados en ambulancia ao hospital pontevedrés de Montecelo, onde recibiron atención médica. O home foi detido e posto a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019