CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Pontevedra por acoitelar a ex-muller

Publicado o 02/12/2019 14:12

Detido en Pontevedra un home tras acoitelar a súa ex-muller no barrio de Monte Porreiro. O suceso tivo lugar a madrugada pasada. Supostamente o home, que está separado da vítima, acudiu ao domicilio desta e propinoulle varias coiteladas. Foron os veciños os que alertaron as forzas de seguridade.

Ata o lugar trasladáronse axentes da Policía Nacional, Policía Local e efectivos do 061, que atenderon a muller con rapidez e trasladárona a un centro hospitalario da cidade. Afortunadamente non sufriu feridas en órganos vitais e recupérase favorablemente das lesións. Está previsto que o agresor pase a disposición xudicial nas próximas horas.
 

Noticias web

02/12/2019